ffff
sssss sss s ss

A Fundación ten por obxecto:

a) Fomenta-lo estudio e a investigación en materia emprego e formación profesional e social dos traballadores de Galicia.
b) Axudar a definición das necesidades de formación e cualificación dos traballadores, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.
c) Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores mellorando a súa capacidade profesional e promoción profesional.
d) Proporcionar aos traballadores os coñecementos e as prácticas adecuadas aos requirimentos do mercado de traballo e as necesidades das empresas.
e)  Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: xoves de primeiro emprego, mulleres que reingresan no mercado de traballo, parados de longa duración, persoas discapacitada...
f)  Contribuír a orientación laboral e profesional dos traballadores, tanto dos desempregados como dos que están ocupados.
O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá realizarse directamente pola fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais

Actividades fundacionais:

Para a consecución dos fins mencionados no artigo anterior, a fundación pode realiza-las seguintes actividades:

  1. Fomentar, participar e colaborar coas diferentes entidades publicas e privadas no estudo, análise e investigación das diferentes necesidades de cualificación e formación inicial, ocupacional e continua, así como na busca de solucións e alternativas ás diferentes barreiras e necesidades socioeconómicas.
  2. Participar nas modalidades e niveis que define o padroado na implantación directa de actividades de formación básica e permanente mediante cursos por correspondencia; semipresenciais e presenciais e a través da Internet; formación profesional e de todo tipo. En particular, toda a ensinanza ou actividades asimiladas relacionadas coa formación para o emprego, incluíndo a formación e apoio.
  3. A realización de actividades encamiñadas a desenvolver accións de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica na formación; proxectos de investigación e estudos de campo sectoriais e territoriais, tanto autonómicos coma estatais, e/ou europeos e/ou transnacionais en xeral; así como a presentación a concursos públicos no territorio nacional ou estranxeiro. Todo iso principalmente nos ámbitos formativo, social, económico, ambiental, a prevención de riscos laborais e as novas tecnoloxías da información e comunicación, sen prexuízo doutros ámbitos relacionados coas actividades citadas anteriormente
  4. Divulgar e sensibilizar sobre a promoción social e laboral das mulleres así como fomenta-la sensibilización dirixida a cambia-las actitudes en relacións de xénero así como o desenrolo de estratexias para traballar na prevención da violencia de xénero.
  5. Fomenta-la cultura de prevención de riscos laborais mediante o asesoramento e asistencia técnica en seguridade e saúde no traballo; o desenvolvemento de actividades de capacitación, formación  e investigación en seguridade e saúde no traballo e na elaboración e divulgación de estudos e informes relacionados coa prevención de riscos.
  6. Fomentar o desenvolvemento persoal e social dos traballadores, así como hábitos e estilos de vida saudables, mediante o deseño e elaboración de plans e actuacións que favorezan unha axeitada utilización e ordenación do tempo libre, o ocio e o deporte.
  7. Fomento o desenvolvemento cultural e lingüístico dos traballadores en Galicia.
  8. Promover a I+D e o uso das TICs para fomenta-la competitividade o crecemento económico e á produtividade.
  9. Calquera outra actividade que contribúa ao obxecto e finalidade xeral da fundación .

 A enunciación dos citados fins non entraña obriga de atender a todos e cada un deles, nin lles outorga orde de prelación ningunha.
A fundación poderá realizar actividades mercantís que teñan por obxecto o cumprimento dos fins fundacionais, ou sexan complementarias ou accesorias das anteriores, con sometemento as normas reguladoras da defensa da competencia.